O pasado 26 de outubro celebrouse en Santiago na facultade de psicoloxía unha reunión do Claustro Universitario, órgano de goberno da USC na cal o estudantado ten representación.
Alí acudimos dende Lugo para defender os intereses do noso campus así como os d@s compañeir@s que representamos.
Deste xeito repetimos as protestas que levamos realizando estes últimos anos:
-Unha USC realmente pública, sen a influenza de Bancos como o Santander.
-A defensa da lingua, protestando en concreto pola nova USC virtual a cal non se pode poñer en galego.
-A mellora das residencias públicas e sobre todo a reforma da Residencia Xesus Bal e Gay a cal se atopa nun pésimo estado.
-A mellora dos espazos deportivos no campus de Lugo.
....
remarco só as máis salientables, pero en total uns 20 representantes dos comités usamos o último punto da orde do día rogos e preguntas para retransmitir as bosas propostas e protestas.
COMITÉS: HOXE E SEMPRE ESTUDANDO E LOITANDO....
martes, 2 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario