lunes, 10 de mayo de 2010

Moitas Grazas polo voso apoio!!:

Moitas Grazas polo voso apoio!!:
Os Comités gañamos unha vez máis nas eleccións a Claustro da USC, xa que contianuamos a ser a organización maioritaria do estudantado galego, cuns resultados que nos sitúan cunha amplísima vantaxe por diante das demais asociacións. Mais desta volta conseguimos duplicar o número de claustrais que obtiveramos nos anteriores comicios de hai dous anos. No novo Claustro da Universidade de Santiago o estudantado estará representado por 24 claustrais dos Comités (6 polo campus de Lugo e 18 polo de Compostela).

Por outra banda, estes 24 claustrais proveñen de diversos centros que abranguen a práctica totalidade das facultades da USC, outorgando á nosa organización un carácter de implantación xeral. Desta forma, obtivemos claustrais en Bioloxía, Relacións Laborais, Ciencias da Educación, Enxeñería Técnica, Historia e Xeografía, Medicina, Comunicación, Económicas, Filoloxía; e en Lugo na Escola Politécnica Superior, na ETSE e en Veterinaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario