domingo, 22 de febrero de 2009

Quen somos?

Os Comités é a nova organización do estudantado galego que nace co obxectivo de impulsar e imprimirlle un novo ritmo ao movemento estudantil galego, recollendo e asumindo a herdanza ideolóxica e práctica das organizacións estudantís nacionalistas (ERGA, CAF, CAE) e dando unha resposta conxunta e coordinada de todo o estudantado aos ataques que sofre o ensino do noso país.

A nosa organización, da mesma maneira que os CAF e os CAE, organízase en comités de centro (un por cada instituto, escola ou facultade). Estes comités son ABERTOS, é dicir, nos que pode participar quen quixer. As nosas decisións tomámolas de xeito colectivo en asembleas onde ti tamén tes voz.

Estamos presentes en toda Galiza nos sete campus e nas tres universidades galegas e en grande parte dos institutos do país.

A nosa acción lévase a cabo a través de campañas e mobilizacións coas que denunciamos os moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por unha política educativa que non favorece o ensino público galego e que ignora a voz das e dos estudantes. Este traballo compleméntase co traballo institucional a través dos órganos de goberno de ensino medio e das universidades galegas onde somos maioritarios (Consellos Escolares, Consellos de Goberno, Claustros, Xuntas de Facultade e Consellos de Departamento).

2 comentarios:

  1. coño, porque no podéis hablar en español que es el unico idioma de España, no hablar en un vulgar dialecto de España

    ResponderEliminar
  2. galego??, eso que diantres es?,jejeje. Todavía existen esas personas???. Que vergüenza. Así pensáis cambiar España?. ARRIBA ESPAÑA!!!

    ResponderEliminar