viernes, 15 de mayo de 2009

Ramón Piñeiro, Letras Galegas 2009

El foi, como moitos de nós, un neno da aldea que emigrou á cidade, chegou a Lugo para mellorar os seus estudos, estudos que cursou ao igual ca nós, maioritariamente en castelán.

Nesta cidade, comezou a súa militancia galeguista. Fundou, cos seus compañeiros de instituto, a Mocidade Galeguista de Lugo. Dos que, dalgún xeito os Comités nos consideramos herdeiros.

Máis tarde, afiliouse ao Partido Galeguista e traballou activamente na campaña en prol do Estatuto de Galicia.

Non calou a súa voz durante o franquismo, sendo xulgado por motivos políticos e cumprindo tres anos de cárcere.


Ramon Piñeiro non é unha figura exenta de polémica, sendo moi criticado por algúns recoñecidos galeguistas dos nosos tempos. Pero é unha figura indiscutibel do século pasado no paronama cultural e político polo que a RAG decidiu homenaxealo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario