viernes, 15 de mayo de 2009

Manifesto dos Comités de Lugo polo 17-M

O GALEGO,
A NOSA COLUMNA VERTEBRAL
O IDIOMA QUE NOS UNE!

Como cada 17 de Maio, miles de galegos acudimos á colosal manifestación de Santiago para mandar unha mensaxe unitaria en prol do dereito a vivir en galego.

Os Comités, asociación do estudantado galego, queremos mostrar o noso apoio incondicional á Mesa e unnha adevertencia ao novo goberno galego.

Non esquecemos tampouco o ocorrido o pasado 8 de Febreiro, cando un poucos de integristas percorreron estas mesmas rúas. Integristas entre os que se atopaban membros da falanxe española, partido que no pasado foi responsable da morte decenas de figuras da cultura galega.
Hoxe, somos nós os que abarrotamos as rúas composteláns. Non impoñemos nada a ninguén. Camiñamos pacificamente e sen necesitade de escolta policial, pois non temos medo de dar a cara defendendo o que é noso. A nosa mensaxe o noso posicionamento firme.

Aproveitamos tamén esta data para recordar a aqueles que foron represaliados. Xa que foron moitos os que deron a súa vida por defender a nosa terra: pais, fala e pobo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario