domingo, 28 de noviembre de 2010

A necesidade do mantemento e dignificación do sistema de identificación animal

O Sistema de Identificación Animal é o pilar no que se sustenta o sistema de trazabilidade; grazas a el, cando un consumidor merca un produto de orixe animal pode estar seguro de que superou os controis pertinentes.

Actualmente a identificación animal estaba en mans dun dispositivo de veterinarios colaboradores que traballaban a través dunha empresa pública, o SEAGA; a Xunta cualifica a este sistema como moi eficaz pero demasiado caro.

Moi eficaz? Si, de feito a súa existencia fixo posible que en Galiza se superase máis rápido que noutras rexións a crise das vacas tolas.

Moi caro? Nos entendemos que non, tendo en conta que lle fai a vida máis fácil os gandeiros(máis de 7000 xa asinaron para que se manteña), e que si ven vai supor un aforro de 5 millóns de euros para a Xunta no que queda de lexislatura. Teñamos en conta que gastou a minucia de 4 millóns de euros na visita do Papa, de 8 horas de duración e outros 4 millóns de euros en licenzas de software, gastos que nós si que consideremos superfluos.

A escusa: O gandeiro poderá identificar el mesmo os seus animais, para o cal se conectará a internet ou chamará a un teléfono de pago. Se iso lle amola moito, xa se están creando entidades privadas que se dedicarán á identificación e lles poden dar servizo.

O chanchullo: O goberno da Xunta de Feijoo vai privatizar o servizo, para iso bota fóra a 100 traballadores da empresa pública SEAGA que levaban traballando neste servizo dende o ano 98, facultativos veterinarios altamente cualificados. Nun futuro existirán empresas privadas (pois a nova lexislación así o establece) que realicen este mesmo traballo con calquera tipo de persoal cobraranlle o gandeiro o que queiran pois xa non será un servizo público.

Polo tanto:

Os Comités, asociación do estudantado galego, esiximos o mantemento do sistema de identificación animal, así como a súa dignificación, integrándoo no sistema dos Servizos Veterinarios Oficiais de Sanidade Animal como un servizo público, pola importancia de acreditar en todo momento a veracidade dos datos en canto a filiación e propiedade dos animais destinados á cadea alimentaria.

Consideramos que en todo caso deberíaselles esixir ás entidades identificadoras previstas no Decreto 183/2010 que fosen facultativos veterinarios quen garantisen o benestar animal durante o acto da identificación e a veracidade dos datos.

Así mesmo, mandámoslles unha mensaxe de total apoio a gandeiros e veterinarios identificadores, ambos vítimas da caciquil forma de gobernar da Xunta do PP a quen nin lle importan nin coñece as necesidades do rural galego.

3 comentarios:

  1. Xa vedes como esta o patio. E en Vitoria pensan en outra facultade de Veterinaria. Pois que Deus reparta sorte porque se e xustiza colga mais dun.
    Requien pola veterinaria e @s veterinari@s.
    Saudos

    ResponderEliminar
  2. Veterinario identificador4 de diciembre de 2010, 11:53

    Quería darlle as gracias a Álvaro por molestarse tanto en organizar unha charla e difundir información sobre o Decreto 183/2010 que deixa sin traballo a totalidade do colectivo vet que traballaba en Identificación. Sigue así de emprendedor e a vida vaite tratar ben,non o dudes. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Grazas no meu nome o no dos compañeiros polo apoio prestado en prol das nosas reivindicacións. Oxalá que estes tempos pasen o mais axiña posible, e que logo poidamos ter TODOS un traballo digno e suficiente para poder vivir (que, ao fin e ao cabo, é o anhelo mais grande que temos hoxe en día).
    Suso.

    ResponderEliminar