Por qué nace esta iniciativa?
Fai un ano, o día 19 de Novembro de 2008, os Comités Abertos do Campus de Lugo organizamos unha manifestación esixindo un plan de financiamento para o Sistema Universitario Galego e a favor dun debate construtivo sobre o plano Boloña. Ante a xordeira das autoridades académicas e políticas, decidimos exercer o noso lexítimo dereito á protesta pacífica xunto con outrxs moitos compañeirxs do campus e da sociedade lucenses (unha das de máis suceso de toda a Galiza). Pero ocorreu o de sempre, o poder político sempre está preparado para usar o seu brazo armado: a policía reprimiu con dureza e sen sentido unha concentración pacífica, identificando a varios estudantes (incluído un rapaz de 16 anos que foi conducido á comisaría) e acusando a 3 delxs de coaccións e de agresións á autoridade , cunha petición do fiscal de 2 anos de cárcere e 6.000 € de multa para cada un dxs
imputadxs. O xuízo íase celebrar o 21 de decembro ás 11.00 h. nos Xulgados de Lugo pero aprazase por enfermidade dunha avogada. De momento aínda non hai data confirmada.
É necesario, pois, demostrar que a comunidade estudantil está UNIDA ante un caso que non é isolado senón que está relacionado coas violentas agresións dos corpos de seguridade españois e autonómicos da xeografía peninsular nos campus máis mobilizados contra esta
reforma. Ademais, debemos lembrar que máis grave que isto son as envelenadas acusacións e declaracións dos máximos responsábeis académicos. Actitudes que xa criamos soterradas baixo o manto da “democracia”, mais moi vivas cando xs estudantes unicamente esiximos ser escoitados. Por isto mesmo necesitamos a túa colaboración nesta iniciativa de apoio aos tres estudantes acusados, e tamén de denuncia cara un atropelo inxustificado ao pensamento crítico.

Finalmente, o xuízo quedou fixado para o luns 12 de Abril de 2010, así que todxs aqueles que esteades interesados, atendede ao calendario de mobilizacións.
ResponderEliminarUn saúdo e ánimo para o segundo semestre.
Tomé