Os Comités recollemos a herdanza política-ideolóxica das organizacións estudantís nacionalistas que nos precederon plasmada no obxetivo político dun ensino:
GALEGO: planificado desde Galiza e en función dos intereses do pobo galego. Inserido na realidade social e cultural galega, e polo tanto cuns contidos orientados cara a transformación da nosa realidade socioeconómica e a potenciación da cultura nacional galega. Consideramos de vital importancia a inversión do proceso de desgaleguización do ensino, reivindicamos a adaptación dos currículos e da investigación ao noso país, reclamamos a existencia de estudos especificamente relacionados coa nosa realidade e co desenvolvemento socioeconómico da Galiza, defenderemos a estrita regulamentación do uso do galego para lograrmos a súa plena normalización.
PÚBLICO: financiado publicamente e suxeito a criterios que favorezan as maiorías sociais e as clases populares, garantindo o acceso ao ensino en igualdade de condicións para todas as e os estudantes.
DEMOCRÁTICO: planificado en función dos intereses das maiorías sociais e con órganos de goberno verdadeiramente democráticos nos que a presenza do estudantado teña unha incidencia real na toma de decisións.
DE CALIDADE: interdisciplinar e non memorístico que incorpore os avances da ciencia e da cultura, un ensino crítico e científico que permita coñecer os distintos enfoques metodolóxicos e que permita a autoformación das e dos estudantes
No hay comentarios:
Publicar un comentario