viernes, 4 de febrero de 2011

27-X

O pasado 27 de Xaneiro, os Comités convocamos folga estudantil no ensino en apoio á Folga Xeral. Os Comités tivemos presenza en todas as cidades galegas onde participamos activamente nos piquetes, sendo o paro amplamente maioritario entre o estudantado de Bacharelato, ciclos formativos e últimos cursos da ESO.

Aínda así, dende os Comités queremos denunciar a existencia de intentos de coacción por parte do profesorado. O cal en vez de explicar o ataque directo aos futuro laboral dos seus alumnos que supón a reforma das pensións en moitos casos desanima aos seus alumnos a asistir a folga por considerar que “non serve para nada”.

Asemade, aínda que grande parte do estudantado galego da universidade estaba en período de exames a resposta á convocatoria de Folga Estudantil foi amplamente seguida.

Os comités queremos manifestar que é a nosa intención proseguir loitando e mobilizando ao estudantado galego en defensa do noso futuro; o cal están a dinamitar día a día dende Madrid. Co lema “Parémoslles os pés a Banca” quixemos manifestar que as reformas no mercado laboral e nas pensións non se fixeron con outro fin que o de aumentar os xa de si grotescos beneficios do gran capital. En Madrid non se está a gobernar pensando nos intereses da clase obreira senón segundo os desexos dos grandes empresarios e especuladores.

POR UN FUTURO LABORAL DIGNO!
Estudantes hoxe si, precarios mañá non!




27 Xaneiro

1 comentario:

  1. Está prevista algunha convocatoria para o 29f en contra dos sucesos en Valencia? Algún mail de contacto? Non o atopei! Gracias de antemán!

    ResponderEliminar