lunes, 21 de febrero de 2011

Entroido en Veterinaria


O próximo xoves 3 de Marzo imos celebrar o Entroido na facultade de Veterinaria e estades tod@s Convidad@s!!

Haberá concurso de disfraces, de comparsas, freixós, orellas e torradas de balde, xogos populares.... e a mellor música.

Horario:
18:00-19:00 Xogos populares(billarda, bolos e chave con agasallos para os gañadores)
19:00-20:00 Ven disfrazado e pide algo e merenda gratis(freixós, orellas e torradas)
20:00-21:00 Festa
22:00-23:00 Concurso de disfraces. Categorías: individual, grupo.
22:00-02:30 Festa rachada



viernes, 4 de febrero de 2011

27-X

O pasado 27 de Xaneiro, os Comités convocamos folga estudantil no ensino en apoio á Folga Xeral. Os Comités tivemos presenza en todas as cidades galegas onde participamos activamente nos piquetes, sendo o paro amplamente maioritario entre o estudantado de Bacharelato, ciclos formativos e últimos cursos da ESO.

Aínda así, dende os Comités queremos denunciar a existencia de intentos de coacción por parte do profesorado. O cal en vez de explicar o ataque directo aos futuro laboral dos seus alumnos que supón a reforma das pensións en moitos casos desanima aos seus alumnos a asistir a folga por considerar que “non serve para nada”.

Asemade, aínda que grande parte do estudantado galego da universidade estaba en período de exames a resposta á convocatoria de Folga Estudantil foi amplamente seguida.

Os comités queremos manifestar que é a nosa intención proseguir loitando e mobilizando ao estudantado galego en defensa do noso futuro; o cal están a dinamitar día a día dende Madrid. Co lema “Parémoslles os pés a Banca” quixemos manifestar que as reformas no mercado laboral e nas pensións non se fixeron con outro fin que o de aumentar os xa de si grotescos beneficios do gran capital. En Madrid non se está a gobernar pensando nos intereses da clase obreira senón segundo os desexos dos grandes empresarios e especuladores.

POR UN FUTURO LABORAL DIGNO!
Estudantes hoxe si, precarios mañá non!




27 Xaneiro

sábado, 18 de diciembre de 2010

Os comités en contra da eliminación do Sistema de Identificación Animal

Como xa manifestamos anteriormente e máis polo miúdo os comités estamos en contra da eliminación do sistema de benestar animal. Este é arquivo gráfico dalgúns dos actos que estamos a realizar na súa defensa.

Identificación animal